Boas #familiacantabile.
Este ano imos celebrar a IV edición do certame literario en lingua galega de Cantabile. É aberto ó público e a participación é gratuíta, así que animámosvos a participar a invitar ós vosos amigos!
Hai dúas modalidades, poesía e microrrelato, con tres categorías cada unha, dependendo da idade dos participantes. Aquí vos deixamos as: BASES DO CERTAME 2026. É importante que lles botedes unha ollada con atención.
As obras enviaranse en formato PDF ó noso correo, info@corocantabile.gal, e deberán estar firmadas baixo pseudónimo. Os participantes deberán rexistrar as obras presentadas no seguinte formulario de rexistro, no que constará o nome do autor/a, pseudónimo empregado, título da obra e datos de contacto.
