Noticias

Rememorando o XIX Aniversario Cantabile (II)

Como estades, #familiacantabile?

O outro día publicamos algúns vídeos do noso concerto do XIX Aniversario, así que hoxe vimos cos que faltan. A pesar de que sempre se di que as segundas partes nunca foron boas… nós opinamos que estes vídeos vos van gustar tanto coma os anteriores!

Se perdestes a primeira parte e vos gusta a música renacentista, clicade na seguinte ligazón (https://youtube.com/playlist?list=PLdPg3Pf8hFRL_mQaaQCi8eQs6Z3gJP-7U) para ser redireccionados á nosa canle de YouTube. Alí poderedes atopar unha listaxe con todos os vídeos do XIX Aniversario Cantabile.

As obras que escoitaredes son algunhas das máis coñecidas do Renacemento e xuntas constitúen unha selección que abarca pouco máis de cen anos, incluíndose dende o madrigal italiano ata a chanson francesa, entre outros.

Ay mi dios
Il est bel et bon
Hoy comamos y bebamos
Tourdion

Como broche final ao concerto (e debemos recoñecer que é das nosas pezas favoritas), poderedes escoitar a obra máis moderna do programa, Un sarao de la chacona de Juan Arañés, unha peza festiva cun significado escondido intemporal: “A la vida, vidita bona, vida, vámonos a chacona” que vén a decirnos que gozemos da boa vida mentres poidamos.

Un sarao de la chacona

Recomendámosvos que collades a merenda, que tomedes asento e que desfrutedes con nós deste concerto ao completo. Prometémosvos que merecerá a pena!