Cantabile é un proxecto moi amplo. A Asociación musical y cultural Cantabile xestiona o Coro infantil e xuvenil Cantabile para realizar unha actividade artística e didáctica que pon en valor o patrimonio cultural e musical, co foco na música clásica (especialmente a barroca), mais sen descoidar todo tipo de repertorios contemporáneos e populares. Ademais, Cantabile proporciona á rapazada unha alternativa de lecer san na que se inculcan valores como a constancia, o esforzo, a disciplina e, por riba de todo, o compañeirismo e a amizade.
E todo isto non sería posible sen:
Pablo Carballido del Camino (director)
Pablo Carballido é a esencia de Cantabile. O seu labor vai alén de dirixir os integrantes do coro e procurar que leven o ritmo e canten no ton.
Por un lado, Carballido é tenor profesional e iso nótase. Se hai algo que diferencia Cantabile doutros coros infantís e xuvenís, é a técnica vocal e a formación de canto lírico que reciben os e as coralistas, pois moitas delas e deles asisten a clases con el na Escola Municipal de Música, reciben clases particulares ou acoden aos cursos de canto anuais que se realizan no local de ensaios. Non é moi habitual escoitar un coro composto na súa maioría de voces brancas cantando con técnica lírica e interpretando a música, algo que sería imposíbel sen un director coma el.
Porén, o máis importante de todo é que Pablo Carballido, ademais de cantante profesional e director de coro, é mestre. Unha calidade que, cando o teu labor consiste en ensinar música a un grupo de máis de sesenta persoas novas, resulta moi positiva e especialmente diferencial, precisamente porque non hai moitos profesionais que compaxinen o canto coa dirección e a docencia. Grazas a isto, ensínalles as notas, fomenta o gusto pola música clásica desde idades moi temperás e transmite valores como o compañeirismo, a amizade e o respecto.
Sen Pablo Carballido, Cantabile non existiría. Desde que un grupo de mozos e mozas con moita ilusión e poucos recursos alá polo ano 2002 decidiu fundar un coro, hoxe consolidado, pasaron dezanove anos. Moita xente marchou e outra nova pasou a formar parte da familia Cantabile, cantando, organizando ou compaxinando as dúas facetas, mais Pablo, aínda que ás veces custe compaxinar a dirección do Coro coa súa vida profesional, segue aí coa mesma ilusión do primeiro día –ou máis– e un compromiso total cun proxecto no que creu e no que participou desde a súa xénese.
É un director único e especial que converte quen o rodea en especial. É posíbel que isto sexa a chave do éxito e a calidade de Cantabile.
Coralistas
Somos un coro infantil e xuvenil, así que é habitual que a relación de coralistas varíe a medida que os anos van pasando. Actualmente, o Coro está composto por:
Sopranos
Alejandro Carrión Orosa, Amara Carril López, Catarina Rodríguez Vázquez, Inés Carrión Orosa, Irene Pardiñas Bárbara, Jaime Losada Elorza, Lía Camprubí González-Garcés, María Luisa Boga Vázquez, Mariana Boedo Buño, Mariña González Lorenzo, Marta Duckworth Juárez, Noelia Saavedra Carnero, Sara Morgade Rodríguez, Sofía Puig Vales, Tara Garaboa Vilariño, Xiana Vázquez Mosquera, Alicia Sánchez Díaz, Sofía Puig Vales.
Altos
Ana Rodríguez Rubio, Beltrán Louzao Fernández, Candela Garea Veiga, Carlos Puig Vales, Cristina del Mar García López, Laura García Pereiro, Lucía Cernadas Varela, Marta López Ojea, Raquel Cernadas Varela, Salma Arifi Abad, Sofía Iglesias Bárbara, Romeu Tembrás Sánchez,
Tenores
Ángel Loureiro Louro, Gabriel García Castro, Héctor Noya López, Manuel González Veiga, Martín Yáñez Vaamonde, Mateo Duckworth Juárez, Nicolás Rodríguez Vázquez, Pablo Castiñeira Díaz, Ramón Fernández Antezana, Tomás Fernández Antezana, Xoel Saavedra Carnero, Xulio Loureiro González
Bajos
Alejandro Pérez Pecorelli, Antón Loureiro Louro, Carlos Rodiles Freire, Gabriel de la Torre Taboada, Gabriel Ríos Maneiro, Isaac Martínez Bendayán, Manuel Segade Bodelo, Miguel Nó Gómez, Pablo Ares Otero, Samuel Iglesias Ceniceros
A directiva
O coro é xestionado a través da Asociación musical y cultural Cantabile. Correspóndelle á súa xunta directiva a xestión de todas as actividades. Nestes máis de vinte anos, moitas persoas, co seu traballo, liberaron o coro de todas as tarefas que non fosen cantar. Sen este traballo non podería existir Cantabile. Pódese consultar aquí a composición da xunta actual.
A #FamiliaCantabile
Cantabile é seguido incondicionalmente alá onde vai. En primeiro lugar, polas nais e os pais dos e das coralistas que, nalgúns casos, tamén forman parte da masa social da Asociación musical y cultural Cantabile; por tanto, o seu apoio, ademais de moral, é económico.
Porén, non toda a masa social é familia de coralistas. Son #FamiliaCantabile todas as persoas que cren no noso proxecto e gozan coa nosa música. Se es fan de Cantabile e desexas axudarnos a seguir creando novos proxectos, non dubides en contactar connosco enviando un correo a info@corocantabile.gal.
Colaboración e patrocinio
Desde o inicio, moita xente decatouse de que Cantabile era máis que un coro e apoiounos: institucións como o Concello da Coruña, mediante o plan de apoio a Entidades de Musicais ou a Deputación da Coruña, a través da súa convocatoria anual de subvencións a corais, ou a Rede Cultural e, como non, a parroquia coruñesa de San Nicolás, que nos cede habitualmente as igrexas de San Nicolás e das Capuchinas para os nosos concertos.