O Coro Infantil e Xuvenil Cantabile nace froito da asociación que leva o seu mesmo nome como un gran proxecto musical e social que integra nenos, nenas, mozos e mozas, tendo á música clásica como fío condutor.
Desde o noso nacemento en 2002, chegamos a ser un un referente musical en toda a Galiza, grazas ao gran número de concertos e xiras que realizamos tanto no panorama nacional como internacional: Viena, Salzburgo, Lisboa, Boloña, Madrid, Roma… Ademais, os numerosos premios recibidos e a crítica avalan a nosa traxectoria interpretativa e, especialmente o noso son e técnica vocal, debidas ao noso director Pablo Carballido del Camino, tenor e mestre de canto.
Cantabile gravou xa seis discos, entre os que destacan a banda sonora da película De Profundis (estreada xunto á Orquesta Sinfónica de Galicia) o disco adicado á obra vocal sacra de Vivaldi avalado polo musicólogo José López Calo, “Mozart y Haydn en las voces de Cantabile” ou o noso último proxecto, Palabras de Luz: doce pezas corais inéditas, galegas e en galego, que compartimos ademais con todos os coros galegos, e que foi premiado na sétima edición dos Martín Códax da música galega, na categoría de “Coros e grupos vocais”.
Xunta Directiva
A asamblea extraordinaria da Asociación musical y cultural Cantabile do 25 de xuño de 2023 elixiu a seguinte xunta directiva:
- Mariana Boedo Buño, presidenta
- Antón Loureiro Louro, vicepresidente
- Susana Pecorelli Bodelón, secretario
- Carola Antezana Canales, tesoureira
- Isaac Martínez Bendayán, vogal
- Amparo Vales Moledo, vogal
- Marta López Ojea, vogal
- Belén Otero López, vogal
- María José Orosa Ramudo, vogal
- Patricia Matilla Costa, vogal
O coro Cantabile conta co apoio do Concello da Coruña, mediante o plan de apoio a Entidades Musicais e da Deputación da Coruña, a través da súa convocatoria anual de subvencións a corais, ou da Rede Cultural.
Co patrocinio de: