O noso último CD
Premio Martín Códax da Música (2020)
Palabras de luz
O noso último CD, Palabras de Luz, foi premio Martín Códax da Música na categoría de coros e grupos vocais. O proxecto Palabras de Luz merece unha atención especial na nosa traxectoria, polo traballo, musical (e non musical) intenso e continuo que demandou durante dous anos.
Colabora connosco
Cantabile é un proxecto moi amplo. A Asociación musical y cultural Cantabile xestiona a actividade do Coro infantil e xuvenil Cantabile para realizar unha actividade artística e didáctica que pon en valor o patrimonio cultural e musical co foco na música clásica (especialmente a barroca), mais sen descoidar todo tipo de repertorios contemporáneos e populares. Ademais, Cantabile proporciona á rapazada unha alternativa de lecer en que se inculcan valores como a constancia, o esforzo, a disciplina e, por riba de todo, o compañeirismo e a amizade.
Discografía Cantabile
Os nosos traballos en CD e en streaming