Palabras de Luz. 2019

O proxecto Palabras de Luz merece unha atención especial, polo traballo, musical e non musical, intenso e continuo que demandou durante dous anos. Conseguimos estrear doce pezas galegas e en galego, variadas e contemporáneas, e envialas a todos os coros galegos para que se unisen á tarefa de renovar o noso repertorio coral.

Este proxecto foi premiado na sétima edición dos Martín Codax da Música (2020) na categoría de coros e grupos vocais.

Temas

Vídeo

Concerto de presentación do libro-CD “Palabras de luz” no Teatro Colón da Coruña o 20 de novembro de 2019.

Director: Pablo Carballido del Camino
Pianista: Maria Keilin

Libro Palabras de luz

Podedes ver e descargar os poemas e as declaracións dos e das artistas do proxecto nesta ligazón: Libro Palabras de Luz.