Boas #familiacantabile.
Este ano imos celebrar, co gaio das Letras Galegas, un certame literario en lingua galega. É aberto ó publico e a participación é gratuíta, así que animámosvos a participar e a invitares ós vosos amigos!
Hai dous modalidades, poesía e microrrelato, con tres categorías cada unha dependo da idade dos participantes. Aquí vos deixamos as bases: BASES DO CERTAME 2025. É moi importante que lles botedes unha ollada con atención.
As obras enviaranse en formato PDF ó noso correo, info@corocantabile.gal, e deberán estar firmadas baixo pseudónimo. Os participantes deberán rexistrar as obras presentadas no seguinte formulario de rexistro, no que constará o nome do autor/a, pseudónimo empregado, título da obra e datos de contacto: https://forms.gle/wGJJkBX6q46U78xU6
