Novas

Festas do Rosario 2021

O Concello da Coruña está a impulsar a festividade do Rosario cunha programación cultural con distintas actividades para todos os públicos que decorrerán até o 12 de outubro.

Como parte da programación, estase a celebrar a primeira edición do Festival Coiral do Rosario na igrexa das Capuchinas (R/Panaderas, 42, 15002 A Coruña). O Coro Cantabile pechará este festival o próximo 12 de outubro ás 20:30h, con especial ilusión por ir retomando a nosa actividade nos escenarios.